la queimada de las ánimas

Inicio de A queimada das ánimas

Moitos preguntádesme de que van os meus libros, pero hoxe serán eles os que vos amosen ese camiño. Creei este post para vós e para que descubrades, neste caso, unha novela que me encantou escribir: A queimada das ánimas.

Que pode ofrecervos? Pois un thriller ambientado no século XIX que vos atrapará dende a primeira páxina e no que vos meteredes de cheo nun mundo cheo de misterios… Atrevédesvos?

Disponible en tódalas librarías de España

I

Círculo da vida

Cangas do Morrazo, 23 de marzo de 1851

Tres nenos lanzan pedras contra unha agrupación de madeiros colocados moi preto dun lóbrego bosque de folla caduca. O día é gris, e a ameaza de choiva inminente, pero iso non distrae aos pequenos do seus xogos. Estes teñen doce, dez e o máis cativo apenas chega aos nove anos.

De súpeto, unha sombra aparece entre as húmidas árbores, camiñando con moita lentitude. Os nenos deteñen o seus xogos e dan dous pasos atrás, pois un temor percórrelles o corpo. Ademais, unha estraña néboa sobrevoa o ambiente, dándolle un toque de misticismo.

—Que é iso? —pregunta o maior.

—Non o sei. —Traga saliva seu irmán—. Pero aquí nunca hai ninguén.

—Non o parece… —Mira o pequeno, seu curmán, que treme de medo—. Non mexes por ti.

—Teño medo… non tiñamos que vir ata aquí. —Colócase detrás de seus curmáns.

—Non chores e colle un pau! —contesta seu curmán—. Rápido!

—Retrocedede! —pídelles o maior con nerviosismo.

Os tres cativos volven dar varios pasos atrás mentres collen algo co que defenderse. Pouco a pouco, a sombra empeza a debuxar a súa silueta… 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *