samu ferro a coruña 2

Fragmento de A queimada das ánimas

Creei este post para vós e para que descubrades un fragmento da miña novela de A queimada das ánimas.

Recordade que é un thriller ambientado no século XIX que vos atrapará dende a primeira páxina e no que vos meteredes de cheo nun mundo cheo de misterios e de meigas…

Disponible en tódalas librarías de España

4

Feitizo de sangre

Bueu, 25 de marzo de 1851

Unha muller de cabelo negro camiña a través dun sendeiro de moita vexetación. Métese máis e máis nun bosque medio queimado mentres deixa voar as súas roupas coma un paxaro. Aínda que a choiva fai que coloque a capucha da escura e longa capa na cabeza. Con coidado protexe unha cesta de vimbio para evitar que a auga chegue ao interior. De repente, fréase ao escoitar un ruído e xira a testa cara a atrás para contemplar a pequena vila de Bueu, un lugar que parece non botar en falta.

—Eu son a filla do lume, a filla da lúa e das estrelas, e filla da terra. —Toma unha gran bocalada de aire—. E sei… —Proseguen os ruídos e pecha os ollos—. Sei o que es… pero sinte o meu poder… a miña alma. —Pousa a man no chan—. É a min a que debes temer… fillo da noite.

De súpeto os ruídos desvanécense por completo e a estraña muller retoma de novo a marcha ata unha agrupación de pedras. Alí limpa o chan e quita todos os restos e as malas herbas para facer un círculo pequeno. Ao seu carón coloca a cesta de vimbio e saca todos os obxectos do seu interior: un cabalo de madeira, unha boneca de trapo, unha fibela, un filete de carne e un crucifixo anano. Con todo disposto, a muller axeónllase fronte ao círculo antes de elevar o rostro e mirar ao ceo encapotado:

—Vida… morte… fame… soños… eternidade. —Pecha os ollos—. As peticións deben ser cumpridas con maxia… boa ou mala, branca ou escura. Un leve fío separa o destino nun sentido ou noutro. —Toma a boneca de trapo e colócaa no centro, ademais dun cranio de galiña. Despois coloca un par de paus e un puñado de esca seca—. A vida sen morte e a morte sen vida é imposible. —Eleva a súa voz—. Por iso eu, Áine! A filla do lume, pídoche a ti, pai de fogo, que habitas no lugar máis cálido da existencia, cumprir con esa petición… unha petición de vida a cambio da morte aínda que condenes a súa alma!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *